Congo (novela)
Congo | |
---|---|
Título orixinal | Congo |
Autor/a | Michael Crichton |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ciencia ficción, aventuras |
Editorial | Knopf |
Data de pub. | 1980 |
Páxinas | 348 |
ISBN | ISBN 0-394-51392-4 |
Precedido por | Eaters of the Dead |
Seguido por | Sphere |
[ editar datos en Wikidata ] |
Congo é unha novela de ciencia ficción de Michael Crichton que foi publicada en 1980. A novela céntrase nunha expedición na selva da conca do Congo que viaxa na procura de diamantes e de respostas ás misteriosas mortes da primeira expedición que foi enviada. Crichton chamaba a Congo unha novela de "mundo perdido" na tradición fundada por Henry Rider Haggard con As minas do rei Salomón.
Adaptación cinematográfica
[editar | editar a fonte]En 1995 foi estreado Congo, un filme dirixido por Frank Marshall e protagonizado por Dylan Walsh, Laura Linney, Tim Curry e Ernie Hudson. En xeral recibiu críticas negativas, e foi nomeado a varios Premios Golden Raspberry, incluíndo peor filme. Malia isto, o filme tivo éxito entre o público, recadando $152 millóns en todo o mundo.
Influencias
[editar | editar a fonte]O emprego da lingua de sinais pola gorila está inspirado en parte nos esforzos da doutora Penny Patterson para ensinar a lingua de sinais americana a Koko.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 03 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Congo (filme), filme baseado na novela.